Primeira vitoria de Viveiro no derbi ante Ribadeo. Tamén gañou o Ensino, mentres que Sarria vendeu cara a derrota

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino

CB VIVEIRO 56 – CB RIBADEO 52

PONTUMIO 49 – ENSINO 56

CB SARRIA 42 – STAR CENTER 58

 

A primeira vitoria do Carferlo Viveiro fíxose de rogar, pero chegou no derbi mariñao que lle mediu co Ría de Ribadeo nun partido no que a peor noticia foi a lesión da base visitante, Aldara.
O conxunto de Vicente Piñón viña merecendo este premio polo seu traballo nos adestramentos e nos partidos, nos que a regularidad ao longo dos corenta minutos era a súa asignatura pendente. Algo que compartían con Ribadeo, ao que as postas en escena lle lastraban neste inicio de tempada.
En Viveiro volveu suceder, xa que as locais foron máis intensas nos primeiros minutos. O adestrador visitante, Jose, viu dúas técnicas consecutivas por protestar e tivo que abandonar a pista.
Viveiro sacou tallada do desconcerto de Ribadeo para tomar as primeiras vantaxes 14-8, pero antes do descanso Ribadeo comprimiu o marcador ata o 26-25.
Con todo por decidir, na segunda parte chegou a lesión de Aldara, pero lonxe de renderse Ribadeo loitou polo partido da man de Andrea, que con tres triplos mantivo no partido ao seu equipo de cara aos últimos dez minutos.
Con máis tres para Viveiro no último parcial, as de Vicente Piñón aguantaron a presión e alzáronse coa súa primeira vitoria da tempada no derbi mariñao da Segunda División júnior.
Nos outros dous encontros da competición para os equipos lucenses, o Porta XI Ensino impúxose en Pontedeume e Sarria cedeu ante Star Center en Ferrol.
As capitalinas, tras un primeiro cuarto de poder a poder, 14-14, despegaron no segundo parcial cun 12-21 propiciado polos seus mellores momentos en pista. As de Miguel López souberon administrar a renda na segunda parte pese a empatar 13-13 o terceiro cuarto e perder o último, 10-8.
Pola súa banda Sarria cedeu con máis diferenza no marcador da que se viu na pista. Un resultado marcado polo segundo parcial, 7-20, xa que nos 30 minutos restantes as de Maísa competiron moi ben e cun pouco máis de acerto no tiro terían moitas opcións de pelexar pola vitoria final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu