A primeira derrota de Estudiantes, a finais de xaneiro

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

JULIA PENA – Estudiantes

“Unas veces se gana, y otras se aprende. Esta vez nos ha tocado aprender”

MARISTAS C. 64 – ESTUDIANTES 46

Estudiantes alargou a súa imbatibilidade esta tempada ata finais de xaneiro, algo que calquera equipo de Galega asinaría ao comezo de curso. As de Julia Pena gañárono a pulso realizando durante moitas xornadas o mellor baloncesto da competición, pero na Coruña, o pasado sábado, chegou a primeira derrota.
O primeiro tropezo da tempada ten a súa parte de letra pequena, xa que á marxe de que o conxunto lucense non tivo o seu día, concedendo máis facilidades do habitual en defensa e con baixas porcentaxes de acerto no tiro, a permisividade arbitral durante todo o partidos tamén marcou o guión.
Desde o inicio púidose palpar que non sería un partido cómodo, xa que Maristas empezou o encontro co coitelo entre os dentes, en parte polo 68-47 co que Estudiantes gañara na primeira volta.
O certo é que as herculinas foron mellores na posta en escena e con iso tomaron o mando no marcador, 15-8. As de Julia Pena reaccionaron ao grande e no segundo parcial xogaron o seu mellor baloncesto, unha versión que ninguén pode frear nesta Liga, presionando e atacando como bloque para asinar un 9-22 co que se chegou ao descanso con 34-40 no marcador.
A igualdade volveu no terceiro parcial, 13-12, pero nos últimos dez minutos as celestes desapareceron da pista. A Maristas entráballe todo e a Estudiantes non lle saía nada, á vez que cada contacto lucense era sancionado mentres que as herculinas podían defender con dureza. Ao final un avultado parcial de 27-4 castigou a un Estudiantes que, con todo, mantén o basket average ao seu favor.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu