Primeira derrota do curso de Estudiantes ante Rosalía

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino

PABLO ABUÍN – Estudiantes

“Gran esfuerzo y actitud de todos los chicos a lo largo del encuentro”

ROSALÍA 82 – ESTUDIANTES 77

Rosalía propiciou a primeira derrota de Estudiantes esta tempada na Liga Galega cadete masculina, na que agora os de Pablo Abuín comparten o primeiro posto cos composteláns.
A esixencia da cita era coñecida, pero a posta en escena de Estudiantes invitaba ao optimismo, xa que se mostraron moi sólidos en defensa, anulando practicamente o ataque local. Mentres que ofensivamente os lucenses atoparon vías para anotar ao impoñerse nos un para un. Todo isto viuse reflectido no marcador co 12-19 co que terminaron os primeiros dez minutos.
No primeiro cuarto Estudiantes pechou ben o rebote, polo que se atopaba cómodo, pero no segundo, Rosalía impúxose cunha defensa asfixiante a toda pista coa que propiciou moitos roubos de balón para recortar distancias no marcador.
Pouco a pouco Estudiantes empezou a tirar de movilidade e xogo a través do pase para atopar vías para anotar e manterse por diante no marcador, 36-44 ao descanso.
Ao comezo da segunda parte, Rosalía foi mellor, propiciou máis perdas de balón por parte visitante, correu e anotou en transicións cunhas porcentaxes de acerto altas coas que lle deu a volta ao marcador cun terceiro parcial de 25-13.
No último cuarto a máxima diferenza local chegou a ser de 11 puntos, pero lonxe de baixar os brazos, Estudiantes volveuse a meter no encontro para baixar a diferenza ata os cinco puntos, que pode ser un factor clave no basket average de cara ao encontro da segunda volta en Lugo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu