A posta a punto, lista antes da cita doxe ante Peleteiro

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal grande

JUAN NÉCEGA – Ensino

“Buen trabajo en una semana en la que con tres encuentros, hay que prepararse al máximo para seguir logrando victorias”

ENSINO 90 – COMPAÑÍA DE MARÍA 60

O Durán Maquinaria Ensino mantén o rumbo fixo na Liga Galega júnior feminina, na que se impuxo o pasado mércores a Estudiantes no derbi por 50-84 e tras gañar o domingo a Compañía de María, 90-60, o conxunto que dirixe Juan Nécega chega pletórico á cita do ano, na que se medirá a Peleteiro mañá a partir das 20:30 horas no Pazo, nun partido clave para alzarse co segundo posto, ser cabeza de serie e organizador dos play off por un posto no Campionato de España júnior feminino.
Ante Compañía de María o partido serviu para seguir mantendo as boas sensacións, xa que tras un inicio de encontro igualado, pouco a pouco o Ensino foi tomando vantaxes no marcador, 24-14 no primeiro parcial e 28-11 no segundo.
Tralo descanso a relaxación propiciou que as visitantes recortasen distancias cun terceiro cuarto de 12-17, pero nos últimos dez minutos Ensino volveu tomar as rendas con Silvia como máxima exponente en ataque para sentenciar o encontro cun último parcial de 27-15.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu