Porta XI, Ribadeo e Viveiro venceron os seus encontros. Sarria chocou coa zona de Betanzos

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino

PORTA XI 61 – OBRADOIRO 41

BASKET XIRIA 44 – RIBADEO 59

VIVEIRO 54 – LOS ROSALES 23

SARRIA 41 – BETANZOS 47

 

Tres vitorias e unha derrota para os catro equipos lucenses que compiten na División júnior feminina. Porta XI, Ribadeo e Viveiro gustáronse nunha xornada na que explotaron ao máximo as súas virtudes para desnivelar os marcadores finais.
As capitalinas cun xogo intenso e vistoso, impuxéronse a Obradoiro nun partido no que todas as xogadoras aportaron en todos os aspectos, ata no anotador. Os tres primeiros cuartos foron espectaculares, mentres que no último ás de Miguel López terminóuselles a gasolina e cederon por 2-15, algo anecdótico trala primeira media hora de partido.
Ribadeo volveu ser imparable na pintura. Ás de Jose custoulles subir o balón ante a presión alta de Arxil nos primeiros minutos, pero aos poucos foron explotando as súas virtudes. No segundo cuarto Ribadeo intensificou a presión en media pista, roubou balóns, anotou e foise no marcador ata o 17-33 ao descanso. Xa na segunda parte Ribadeo tirou de oficio para manter a vantaxe cunha superioridade incuestionable na pintura.
Viveiro despediu a tempada como local con outra exhibición de intensidade ao longo dos corenta minutos, nos que foron ampliando a vantaxe aos poucos tras impoñerse en todos os parciais. A defensa estivo a un gran nivel, pero o ataque tamén brillou cunha magnífica circulación de balón durante moitas fases do encontro.
O María Teresa Martínez Sarria, pola súa bandak non puido coa defensa zonal suscitada por Betanzos ao ter pouco acerto no tiro exterior. Pese a iso, o bo baloncesto que fixeron as de Maisa estivo por encima ata do marcador final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu