O Porta XI monopolizou o derbi ante Viveiro e as cinco guerreiras de Ribadeo deron a cara

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino

CB VIVEIRO 21 – PORTA XI 50

BBCA 56 – CB RIBADEO 31

O Porta XI Ensino monopolizou o derbi Provincial da xornada na Segunda División júnior feminina tras impoñerse con claridade en Viveiro, nun partido no que o conxunto capitalino imprimiu un ritmo superior desde os primeiros minutos.
Malia as baixas porcentaxes no tiro, as capitalinos tomaron o mando no marcador, 5-14 e 6-17 na primeira parte, mentres que na segunda, o parcial de 2-3 do terceiro cuarto reflectiu a escasa intensidade e acerto nun partido decantado para o Porta XI.
O Ría de Ribadeo caeu coa cabeza alta nun partido no que Jose Vázquez só puido contar con cinco xogadoras por diferentes motivos. Cinco xogadoras que deron unha mostra de pundonor e competitividade. No primeiro parcial, cunha defensa en zona para pechar o rebote, deixaron o marcador nun axustado 7-4, mentres que no segundo a presión a toda pista das locais para desgastar ás mariñás empezouse a notar, 15-9. Tralo descanso mantívose a mesma tónica, cun Ribadeo que loitou por cada balón e non escatimou unha pinga de suor no esforzo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu