Porta XI lévase o derbi ante Ribadeo e Sarria gaña a Viveiro no Novo Chanto

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino

PORTA XI 52 – CB RIBADEO  41

CB SARRIA 56 – VIVEIRO 41

Porta XI Ensino e María Teresa Martínez Dental Sarria impuxéronse nunha xornada con dous derbis provinciais na Segunda División júnior feminina a Ribadeo e Viveiro respectivamente.
O que se disputou no Anexo tivo unha dominadora clara, Maite Franco. Ademais de lucirse co júnior e o cadete de Liga Galega á base quedáronlle forzas para ser determinante ante Ribadeo cunha gran dirección de xogo e con dous triplos para o recordo, un sobre a bucina antes do descanso dende medio campo e outro ao final do terceiro cuarto para decantar o encontro.
O derbi tamén estivo marcado pola posta en escena na que un parcial inicial de 16-4 obrigou a Ribadeo a remar contracorrente. As de Jose fóronse asentando na pista pouco a pouco, pero un parcial de 16-8 no terceiro cuarto sentenciou o derbi.
Lonxe de baixar os brazos Ribadeo loitou ata o final e chegou a baixar a diferenza ata os once puntos da man de Irene, que con 17 igualou con Maite como máximas anotadoras pese a ser ambas xogadoras en idade cadete.
En Novo Chanto Sarria fixo valer a súa mellor posta escena cun parcial inicial de 6-0. Sarria continuou o cuarto con confianza e foise ata os 17 puntos. A partir de aí Viveiro quixo recuperar o tempo perdido achegándose no marcador ao descanso, 29-23, pero a segunda parte volveu empezar cun parcial de 6-0 co que Sarria puxo rumbo fixo facía a vitoria final, 56-41.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu