O Porta XI Ensino diluíuse no treito final de encontro

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino

MIGUEL LÓPEZ – Porta XI

“Vi el vestuario demasiado ruidoso, divertido y relajado, sin la adrenalina necesaria para jugar un partido. De esta situación debemos aprender y así poder mejorar”

STAR CENTER 61 – PORTA XI 54

Dolorosa derrota do Porta XII Ensino ante un Star Center Galicia que afrontou o encontro con tan só seis xogadores e que o terminou con cinco pola lesión dunha delas. Pese a iso foron mellores que as lucenses en liñas xerais.
A falta de intensidade previa ao encontro viuse reflectida sobre a pista con moitos erros en tiros cómodos, algún deles baixo o aro, polo que a igualdade mantívose ao longo de toda a primeira parte, con dous parciais axustados de 13-11 e 9-11 cos que se chegou ao descanso con táboas no marcador, 21-21.
Tralo descanso o Porta XI parecía que poñía rumbo fixo á vitoria tomando unha renda de oito puntos no marcador ante un equipo que se tiña que vir abaixo físicamente. Pero moi lonxe da realidade, xa que a defensa das lucenses empezou a facer augas e as locais remontaron e ata se foron no marcador cunha diferenza de cinco puntos que souberon administrar e ata ampliar na recta final malia contar con tan só cinco xogadoras.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu