Póker de invictos na 2 División infantil

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino, Principal

Ensino, Cidade de Lugo, Sagrado Corazón e MGR Sarria  suman por vitorias os encontros disputados na Segunda División 

Ensino impúxose con claridade no derbi con Estudiantes 05 e lidera a clasificación coas mesmas tres vitorias que Cidade de Lugo. Os ensinistas puxeron o partido moi de cara desde o inicio con boas defensas e transicións rápidas que finalizaban en bandexas ou baixo aro, anotando cincuenta puntos na primeira metade por so 17 de Estudiantes. Na segunda parte mellorou en defensa sobre todo a partir do peche do marcador.
O Cafés Candelas Ensino colidera a liga con Cidade de Lugo, que logrou o seu terceiro triunfo en Viveiro, nun partido marcado pola renda adquirida polos capitalinos no terceiro parcial.
Dúas vitorias suman Sagrado Corazón, que se impuxo a Franciscanos, e MGR Sarria, que acabou sacando adiante un partido que perdía 24-8 ao final do primeiro periodo. O Burela non puido manter a intensidade defensiva coa que comezou o encontro e os xogadores do Sarria foron afinando a súa interpretación do partido, mostrando un maior dinamismo no xogo de ataque e impedindo os rebotes ofensivos dos locais. Así, antes do descanso recurtaron 10 puntos de diferenza. Tras un terceiro cuarto igualado, nos útimos dez minutos foi polo partido e levou a vitoria.
Foi unha xornada de dobre celebración para o club sarriao, xa que AG Elevadores puido sumar o seu primeiro triunfo da temporada ante Estudiantes 06. O choque decidiuse na segunda metade despois dunha primeira de maís igualdade con parciais de 8-14 e 15-11. Tras o descanso os visitantes recuperaron a fluidez en ataque dos minutos iniciais e foron abrindo distancia ata deixar o marcador no 38-57 definitivo.
De cara á próxima xornada o duelo máis atractivo a priori será o que mida a Ensino e Sagrado Corazón.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu