Pleno de vitorias na xornada inaugural da segunda fase júnior feminina

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino

RIBADEO 79 – LOS ROSALES 31

VIVEIRO 49 – B. XIRIA 27

BETANZOS 44 – PORTA XI 52

SARRIA 47 – B. CORUÑA 34

 

A primeira xornada das segundas fases da Segunda División júnior feminina no baloncesto lucense ten nome propio, e é Fátima. A recente incorporación do Ribadeo, que debutou este fin de semana coas júnior cuns números impresionantes. Sendo aínda xogadora en idade cadete, foise ata os 33 puntos formando unha parella imparable con Ana Canel na pintura.
Todo isto sucedeu no encontro ante Os Rosales, un partido marcado nos primeiros minutos pola defensa zonal 2-3 das visitantes, que propiciou un primeiro parcial de 9-7. A partir de aí Ribadeo empezou a despegar no marcador cun xogo intenso en defensa e efectivo en ataque, co que asinaron un 24-7 para deixar o marcador ao descanso en 35-14. Tralo intermedio continuou o recital mariñao, con Fátima e Ana Canel donas da pintura ao capturar cada unha 18 rebotes.
O Carferlo Viveiro tamén empezou con bo pé, exhibindo o seu gran estado de forma nun partido que dominaron de principio a fin ante Carballo. A presión a toda pista secou ás visitantes desde o inicio, e en ningún cuarto pasaron dos dez puntos anotados.
O Porta XI Ensino saíu airoso de Betanzos, nun partido no que puxeron terra polo medio no marcador tras asinar tres bos primeiros cuartos, pero no último deixáronse ir demasiado e Betanzos chegou a meter o medo no corpo cun parcial final de 20-5.
O pleno de vitorias lucenses chegou da man de Sarria, nun partido ante Basquet Coruña no que se impuxeron en todos os parciais por resultados axustados, 13-10 / 9-5 / 10-9 e 15-10, para empezar a segunda fase con bo pé.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu