Pleno de vitorias dos equipos lucenses de júnior feminino nesta xornada

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino

BETANZOS 32 – CB SARRIA 38

RIBADEO 79 – BASKET XIRIA 44

LOS ROSALES 50 – CB VIVEIRO 59

 

Os tres encontros disputados polos equipos lucenses esta xornada na Segunda División júnior feminino saldáronse con tres vitorias. Cada unha delas marcada por algo en concreto.
A de Ribadeo polo recital de xogo do equipo, guiado polas tres pívots en idade cadete Irene, Ana Canel e Nuria. A de Sarria empañada pola lesión da capitá Leire e a de Viveiro por ter que ir sen Vicente Piñón as xogadoras a disputar o encontro.
En Ribadeo o dominio na pintura desde os primeiros minutos deulle moita confianza ás de Jose, con María dirixindo o xogo á perfección para tomar o mando no marcador, 19-9 primeiro cuarto, e 22-16 no segundo cunha Fátima estelar ao anotar 16 dos 22 puntos.
O bo traballo mantívose na segunda parte na que Aldara, xa case ao cento por cento, uniuse á festa dun Ribadeo que ampliou a vantaxe ata o 79-44 final.
En Betanzos, Sarria levouse a vitoria pero perdeu por lesión á súa capitá Leire, sendo esta a peor noticia da xornada nun partido de poder a poder no que as sarriás loitaron ata o final para dedicarlle a vitoria a Leire.
Viveiro desprazouse á Coruña nun partido atípico no que a negativa local a aprazar o encontro propiciou que Vicente Piñón non puidese estar co equipo, pese a iso as mariñás impuxéronse nun duelo disputado a base de casta e orgullo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu