Pleno ao quince de Estudiantes

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino, Principal grande

Quince vitorias consecutivas para os de Nico Fernández, que se presentan nas dúas últimas xornadas con opcións de alzarse co campionato Galego preinfantil

 

ESTUDIANTES 78 – TUI 28

As calculadoras dos catro primeiros clasificados botan fume.

Maristas, Estudiantes, Marín e Narón seguen con opcións de alzarse co título Galego preinfantil a falta de tan só dúas xornadas. Os de Nico Fernández e Narón son os que máis opcións teñen, pero Estudiantes pasará unha proba de lume en Marín a próxima xornada.
Os lucenses, con 15 vitorias consecutivas, son sen dúbida o rival a bater nesta competición. A Marín chegan nun gran estado de forma, como demostraron ante Tui no Anexo, nun partido moi completo no que apenas lle deron opcións ao seu rival.
O 26-9 do primeiro parcial foi unha declaración de intencións e o 49-20 co que se chegou ao descanso xa deixaba visto para sentenza o encontro.
Lonxe de relaxarse, Estudiantes disputou no terceiro cuarto os seus mellores minutos sobre a pista, poñendo o listón defensivo moi alto, roubando, correndo e rompendo o partido aínda máis cun parcial de 29-8 co que pecharon marcador.
Agora, coa moral a tope, van a Marín a asestar un golpe de autoridade na Liga Galega preinfantil.

 

“Seguimos avanzando para tratar de llegar al final de la competición lo mejor posible. Enhorabuena a los chicos por el trabajo realizado” NICO FERNÁNDEZ Estudiantes Leyma

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu