O play off xa agarda polas celestes, clasificadas matematicamente

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“Buscaremos llegar a la final four de la mejor manera posible y pelear por algo que nos ilusiona muchísimo”

CARMELITAS 28 – ESTUDIANTES 58

Estudiantes impúxose en Ourense nun bo encontro das celestes, que como recompensa teñen asegurada a súa presenza na final four na que estará en xogo unha praza para o Campionato de España cadete feminino.
Pese a non estar de todo acertadas, as xogadoras de Fernán Varela apelaron á súa mellor arma para dominar o encontro, o traballo como equipo.
O primeiro parcial finalizou con 5-15, mentres que o segundo pechouse con 6-13, ambos marcados pola boa defensa das lucenses, que tan só encaixaron 11 puntos os primeiros vinte minutos, chegándose ao descanso con 11-28 no marcador.
A partir de aí, na segunda parte, Estudiantes mantivo en todo momento a iniciativa no xogo ademais de empezar a probar en situacións reais de partido, diferentes conceptos nos que todas as xogadoras aportaron o seu grao de area de cara á final four na que esperan sacar o billete para o Nacional cadete feminino.
A diferenza foise ampliando co paso dos minutos ata chegar ao definitivo 28-58 co que Estudiantes se asegurou unha praza nos play off que se disputarán en Ourense, con Bosco de anfitrión, ou en Santiago da man de Rosalía.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu