Plantaron cara ao líder

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

Sagrado mantívose no partido e tivo opcións de vitoria pese ás baixas e á superioridade físca do rival

 

SAGRADO CORAZÓN 60 – COMPAÑÍA DE MARÍA 66

Os de Rubén Engroba recibiron no penúltimo encontro da tempada ao primeiro clasificado da fase de ascenso,

Compañía de María, con tan só dúas rotacións. Pese á iso e á vantaxe inicial dos visitantes no primeiro cuarto, 11-23, o Sagrado non se viu abaixo e no segundo parcial, moito máis asentados, recortaron distancias para chegar tan só dous puntos abaixo ao descanso.
A segunda metade comezou con máis dureza, e pese a que Compañía conseguíu ampliar distancias Sagrado encheuse de orgullo para remontar de novo e chegar por diante aos últimos 10 minutos nos que, con Julián lesionado a falta de cinco, non conseguiron anotar máis canastras ata o final do encontro no que, dous puntos por debaixo, acusaron o desacerto nos tiros libres polo que a vitoria foi finalmente para Compañía.
A próxima xornada os de Engroba pecharán a temporada ante Calasancias.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu