Penúltimo ensaio para Estudiantes antes de rematar a primeira fase

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Feminino

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“Un paso más para el objetivo, que es mejorar. Que nos ayuden las victorias a confiar en el trabajo y a seguir con mucha ilusión”

BBCA 21 – ESTUDIANTES 72

Quince partidos e quince vitorias que debuxan unha traxectoria brillante nesta primeira fase do campionato.
Un día despois de xogar e gañar un esixente partido aprazado contra Marín, 87-74, no que destacou o talento individual das xogadoras de un e outro equipo, o domingo as estudiantís enfrontáronse a BBCA Ermida de Chamorro en Ferrol.
A diferenza na clasificacióin entre os dous equipos reflectiuse desde o comezo na cancha e no marcador.
Sen presión en canto ao resultado, as estudiantís aproveitaron este penúltimo encontro da primeira fase para preparar o segundo treito da tempada.
A última cita das de Fernán Varela será no Anexo ante o Giraldo. O equipo pontevedrés tamén estará na segunda fase, que se xogará polo sistema olímpico, polo que unha vitoria tería un dobre valor para as estudiantís.
Se gañasen nesa última xornada, as de Fernán Varela sumarían aos seus méritos o de rematar invictas a primeira fase do campionato.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu