Penúltima xornada da Liga provincial infantil masculina

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino, Principal

 

FRANCISCANOS 42 – CB RIBADEO 88

CB VIVEIRO 22 – AXSC 73

CIDADE 61 – ESTUDIANTES 05 35

ESTUDIANTES 06 52 – CB BURELA 75

AG ELEVADORES 10 – ENSINO 61

MGR SARRIA 34 – CB CELTAS 54

 

Sagrado Corazón está a unha soa vitoria de proclamarse campión provincial. Un triunfo contra Cidade de Lugo á volta do parón daríalles o título aos de Rubén Engroba, que o pasado venres ante Viveiro salvaron o penúltimo escollo no camiño cara o obxectivo final. Tras uns minutos iniciais de imprecisións, os capitalinos tomaron as rendas do encontro recuperando balóns e anotando en contraataques para deixar o marcador en 10-26 ao final do primeiro cuarto. O parcial de 4-24, no segundo, deixou o partido resolto.
Se o líder non dá síntomas de debilidade, tampouco Ensino, obrigado a gañar e esperar un tropezo de Sagrado na última xornada para facer valer o average. Os de Alfonso Franco tamén pecharon o marcador ante un AG Elevadores CB Sarria que xogou o seu útlimo partido da liga con catro minis e xogadores de primeiro ano. A diferenza plasmouse axiña no marcador, con parciais de 4-17 e 4-26 que deixaron o encontro visto para sentenza na primeira metade.
O Celtas culminou con triunfo ante MGR unha temporada na que, durante varias xornadas, mantivo a candidatura ao título xunto a Sagrado e Ensino. O inicio foi mellor por parte dos locais, con boas xogadas colectivas nas que viron aro, pero nos últimos minutos do primeiro cuarto os de Foz conseguiron as primeiras vantaxes tomando o mando no marcador, que manterían todo o encontro.
O Cidade de Lugo venceu a Estudiantes 05 nun encontro no que impuxo o seu ritmo a base de contrataques culminados con acerto. Pola súa parte, o CB Burela venceu a Estudiantes 06. Os mariñaos mandaron desde o inicio no marcador pero a presión do último cuarto permitiulles estirar a diferenza.

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu