Peleteiro sorprendeu a un Ensino que pagou a súa irregularidade

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

JUAN NÉCEGA  – Durán Maquinaria Ensino

“Ganó el equipo que más motivado estuvo para conseguirlo”

PELETEIRO 74 – ENSINO 71

O Durán Maquinaria Ensino sufriu a súa primeira derrota na Liga Galega júnior feminina tras perder ante Peleteiro nun partido no que, pese a ter opcións de vitoria ata o final, non foron o suficientemente constantes como para seguir invictas na competición.
Dende o principio a falta de intensidade, sobre todo en defensa, propiciou que Peleterio tomase o mando no marcador, anotando 26 puntos nos primeiros dez minutos nos que o ataque compostelán apenas tivo oposición.
Mellorou o Ensino no segundo parcial, pero ao descanso chegouse con vitoria local, 38-35 no marcador.
Xa na segunda metade viviuse un intercambio de golpes, con lixeiras vantaxes para os dous equipos, que afrontaron os últimos dez minutos con máis dous para a conxunto compostelán.
Con todo un cuarto por diante esperábase que a calidade individual de Ensino saíse ao rescate, pero nesta ocasión, pese a dispoñer de opcións de vitoria, o bloque de Peleteiro foi máis constante e alzouse co triunfo co 74-71 final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu