Peche de tempada na Segunda División feminina

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

OBRADOIRO 47 – CB SARRIA 56

BASQUET CORUÑA 48 – PORTA XI 67

CB RIBADEO 58 – CB VIVEIRO 45

 

Fin de curso para os equipos lucenses na Segunda División júnior feminina, nunha xornada con vitorias do Porta XI Ensino, María T. Dental Sarria e Ribadeo, que se impuxo no gran derbi mariñao a Viveiro para terminar a tempada como campioas da segunda fase.
O partido empezou de poder a poder, con lixeiro dominio visitante ao impoñer a súa defensa presionante . Pero co paso dos minutos Ribadeo enderezou o rumbo con doce puntos consecutivos de Fátima para chegar a pechar o primeiro cuarto con 16-17. No segundo, o partido cambiou, xa que Clara, a base de Viveiro, lesionouse e deixou ao seu equipo moi mermado.
Ribadeo aproveitouno e deulle a volta ao marcador cun parcial de 13-6 para chegar ao descanso con 29-23.
Na segunda parte Ribadeo xogou co marcador, non só cos seis puntos de vantaxe, senón cos 14 do partido de ida para alzarse co primeiro posto. Viveiro esgotou as súas opcións cun bo terceiro parcial, 9-11. Pero as de Vicente Piñón non puideron culminar a remontada nun último cuarto no que Ribadeo tirou de fondo de armario ante un Viveiro que, tras dalo todo na pista, terminou coa luz da reserva de forzas acendida.

O Porta XI Ensino, ao que aínda lle queda un partido para despedir a tempada, levouse a vitoria da Coruña nun partido dominado con autoridade na primeira parte polas de Miguel López, mentres que na segunda deixáronse levar un pouco máis sen estar en ningún momento a vitoria lucense en perigo.
Pola súa banda o María Teresa Dental Sarria, despediu a tempada cunha merecida vitoria en Santiago ante Obradoiro, nun partido complicado polos continuos cambios defensivos das compostelás.
Sarria fixo un bo baloncesto en ataque na primeira parte anotando 33 puntos, pero tralo descanso chegaron os peores momentos cun apagón que deixou ás de Maísa en 4 puntos no terceiro parcial. Con todo, reaccionaron a tempo para alzarse coa vitoria cun último cuarto espectacular que finalizou con 15-20 para deixar o 47-56 final no marcador.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu