Outra vitoria impecable dun equipo sen fisuras

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Feminino, Principal

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“Felicidades al equipo. Tenemos que seguir mejorando para llegar a final de temporada lo mejor posible”

ESTUDIANTES 77 – MARISTAS 26

Novena vitoria de Estudiantes, que volveu ser moi superior a Maristas no encontro disputado o sábado no Anexo. As celestes repetiron o triunfo cómodo que lograran na ida ante as coruñesas e manteñen a imbatilidade e o liderado do grupo.
O bo traballo defensivo das estudiantís e a súa regularidade ao longo dos corenta minutos permitiulles dominar o partido en todas as facetas do xogo ante un rival con tres vitorias no que vai de competición,
As celestes puideron facer o baloncesto co que maís disfrutan, correndo contraataques e rematando as accións en boas siutacións para finalizar.
A vindeira xornada, Estudiantes xogará contra Star Center-Uni Ferrol, un rival a priori cómodo, xa que só logrou dúas vitorias na competición, pero ao que nunca se mediron xa que o partido da primeira volta, aprazado no seu momento, se disputará o mércores 6.
As estudiantís afrontarán despois un calendario máis esixente contra Cortegada, CB Arxil e Marín Peixelago, cuarto, quinto e segundo clasificados respectivamente.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu