Os dous encotros de Sarria e Sagrado Corazón repartiron as vitorias

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino

ORAL DESIGN 57 – AXSC 25

HIERROS 108 – MGR 36

 

Dobre enfrontamento entre CB Sarria e AXSC nunha xornada con tres partidos aínda pendentes.
Os resultados cumpriron co previsible, dada a diferenza de xeración e de clasificación entre os rivais.
Hierros Ferreiro impúxose ao MGR CB Sarria nun partido moi marcada pola diferenza física que penalizaba aos locais, tanto en segundas opcións como na saída de balón. Con continuas rotacións, e quintetos distintos, Hierros gañou con solvencia os dous primeiros cuartos, 51-14 ao descanso. Tras o paso polos vestiarios o equipo local moveu mellor o balón en ataque, e puido lograr máis canastras aínda que, no último cuarto, a diferenza volveuse disparar cos capitalinos anotando en cada contraataque.
Por outra banda, Oral Design logrou ante Sagrado Corazón a súa quinta vitoria na competición. Aínda que o equipo de Miguel López comezou anotando tres triples consecutivos e o resultado do primeiro parcial foi igualado, 15-13, os do Novo Chanto tomaron axiña as rendas do partido, 13-2 no segundo cuarto, e foron consolidando o seu dominio ante un rival que, co paso dos minutos e sen xogadores para rotacións, quedou totalmente fóra do partido.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu