Nova mostra de fortaleza do Galén Ensino con remontada no último cuarto

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

AMIR TABOADA – Galén Ensino

“Demostramos fortaleza y carácter en un partido para aprender y en el que supimos sufrir”

CALASANCIAS 57 – GALÉN 61

Galén Ensino impúxose nun partido dos que crean afección polo baloncesto e sobre todo do que un equipo como o lucense pode saír moi reforzado.
Á marxe da vitoria Galén Ensino conseguiu corrixir sobre a marcha as lagoas iniciais no seu xogo para terminar remontando cun último cuarto espectacular no que é digno de admirar o control das emocións por parte dos de Amir.
De inicio os despistes defensivos e as perdas de balón lastraban aos lucenses, de aí ao axustado 22-25 ao descanso. Pero as cousas aínda se torceron máis no terceiro cuarto, o peor do encontro para Galén no que Calasancias tomou o mando no marcador cun parcial de 20-11. Ata ao comezo do último ampliaron a vantaxe pero Ensino puxo en práctica unha efectiva presión a toda pista coa que propiciou moitos roubos de balón e foi recortando distancias ata culminar unha remontada coa que fixeron vibrar a todos os presentes.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu