Notable alto á tempada de CB Ría de Ribadeo cadete feminino

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

JOSE VÁZQUEZ – CB Ribadeo

“Duro cierre a una impresionante temporada, donde estas chicas han vuelto a ganar la Liga, han vuelto a jugar Fase de Ascenso y sobre todo han vuelto a trabajar durísimo para crecer aún más como deportistas”

CB RIBADEO 51 – PONTUMIO 69

Ribadeo despediu unha notable tempada con derrota ante Pontumio nun encontro marcado polo susto inicial tras caerse unha lona do Pavillón. Este incidente, afortunadamente sen consecuencias, fixo que o partido se disputase noutras instalacións, e as ridadenses empezaran desconcertadas o encontro, encaixando un parcial inicial de 0-7. O equipo intentou recuperar o tempo perdido pero tivo que remar contra corrente o resto do encontro no que nunca atopou as boas sensacións. O dominio rival no rebote ofensivo propiciou que tivesen segundas oportunidades en moitas ocasións e con iso Ribadeo nunca puido meterse de cheo na loita polo partido.
Ao descanso chegouse con 20-31 no marcador e, ao comezo da segunda parte, o conxunto mariñao intentou imprimir un ritmo de xogo alto pero a aposta non saíu do todo ben. Cun terceiro parcial de 15-23 Pontumio sentenciou o partido, que nin moito menos empaña a gran tempada realizada polo Ría de Ribadeo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu