Ningún júnior masculino se fixo coa vitoria esta fin de semana

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino

ESTUDIANTES 47 – STA. MARÍA DEL MAR 59

Estudiantes despediu a primeira fase cunha derrota ante Santa Mariña nun partido no que os de Sise Peinó pagaron a súa mala posta en escena e no que, pese a ir recuperando o pulso ata chegar a meterse de novo na loita polo partido, situándose a 5 puntos no último cuarto, os visitantes leváronse duelo na recta final.

FERROL CB 73 – RIBADEO 59

Ribadeo despediu a primeira fase cunha derrota nun partido de poder a poder en Ferrol e que se decidiu pola maior rotación local. Rubal acudiu á cita con 4 júniors e 3 cadetes e iso ante un rival así págase, pero Ribadeo, como en todos os partidos menos ante o campión, deu a cara nesta primeira fase na que fixo un xogo alegre e foi o segundo máximo anotador da competición.

BASKET FERROL 63 – CIDADE 58

Cidade está preparado para a segunda fase e demostrouno ante o líder na súa pista, poñéndoo contra as cordas durante fases do encontro. O equipo  empezou intenso en defensa e xogando un bo baloncesto en ataque, 11-15 no primeiro cuarto e 12-15 no segundo para chegar 23-30 ao descanso. Na segunda parte o líder dominou o terceiro parcial, 23-13 pero Cidade tivo opcións de vitoria ata o último minuto.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu