Ningún pero ao encontro do Ensino

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

O Ensino de Aigor Romo tiveron opcións de vitoria ata a última xogada do encontro

 

ARTAI 62 – ENSINO 60

Unha falta non pitada polo colexiado nos últimos intres de partido, cando perdían de un punto, privou ás ensinistas de loitar polo triunfo en Carballo, nun encontro que rematou 62-60 a favor das locais.De inicio as de Aigor Romo comezaron un pouco imprecisas, perdendo demasiados balóns. Pese a iso, non lle perderon a cara ao partido para seguir dentro del de cara aos seguintes cuartos. Así, no segundo Ensino demostrou que non había diferenza entre un e outro equipo. Conseguiron frear a Artai en ataque grazas ao sacrifizo en defensa e en ataque puideron correr e anotar con máis facilidade para chegar ao descanso só 5 puntos abaixo, 28-24.
Tralo paso polos vestiarios o conxunto lucense continuou coa boa dinámica en ataque, tanto baixo o aro como en lanzamentos lonxanos. Pero a defensa non foi todo o boa que podía e Artai tamén anotou con facilidade, 49-40 de cara aos últimos dez minutos nos que, cunha presión a toda a pista, as de Aigor chegaron con opcións de vitoria ata o final.
No último minuto, con 60-59 no marcador e saque de banda a favor de Ensino, o colexiado non pitou unha falta a favor das capitalinas anotando Artai a súa última canastras e deixando sin opcións ás de Romo, que anotarían un tiro libre antes de rematar o encontro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu