Nico debutou á fronte do equipo con sobresaliente

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

Tomou o relevo de Ángel Riobóo como adestrador do preinfantil masculino cunha clara vitoria en Ferrol na que se luciu o Estudiantes

Nicolás Fernández, Nico, debutó á fronte do Estudantes preinfantil masculino da Liga Galega con sobresaliente tras impoñerse con autoridade nun partido moi completo de todos os seus xogadores en Ferrol.
Nico toma a substitución de Ángel Riobóo como adestrador deste conxunto que, como demostrou ante Basket Ferrol, pode optar a cousas importantes esta temporda si mantén o listón alto.
A posta en escena de Estudiantes foi unha declaración de intencións, cun baloncesto fluído no que a intensidade defensiva propiciou roubos de balón e canastras fáciles á contra para abrir oco no marcador desde os primeiros minutos co 11-33 co que finalizou o primeiro cuarto.
No segundo os ferroláns buscaron e conseguiron por momentos que o ritmo de partido fose máis baixo, con ataques longos para evitar que Estudiantes puidese correr en transicións. Con todo, o bo ton defensivo dos celestes fixo que as diferenzas no marcador se mantivesen, cun segundo parcial que se pechou con 14-13.
A igualdade mantívose tralo descanso, con Estudiantes mantendo en todo momento a renda no marcador que non aumentou por algún despiste á hora de pechar o rebote e perdas de balón que os de Nico foron corrixindo co paso do partido. O terceiro cuarto terminou con 15-13.
Nos últimos dez minutos Estudiantes volveu voar sobre a pista cun ritmo de xogo imposible de frear por Ferrol. A intensidade defensiva propiciou roubos de balón e o dominio no rebote fixo que Estudiantes volvese anotar en transicións con certa facilidade para desnivelar o marcador con autoridade. O 12-26 do último parcial deixou a diferenza final nun claro e contundente 52-85 co que Nico debutou á fronte do equipo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu