Néstor desnivelou un derbi de poder a poder

En 1ª División, Alevín, Principal grande

Maristas e Ribadeo, dous equipos coa base de xogadores de primeiro ano, ofreceron un gran espectáculo

Maristas e Ría de Ribadeo demostraron no derbi provincial da xornada da Liga Galega de Minibasket que o futuro inmediato do baloncesto lucense de base ten signos de ir polo bo camiño. Dous dos clubs con máis presenza e implicación nas categorías inferiores, Maristas e Ribadeo, presumiron de equipo no Anexo, onde a moeda caeu do lado capitalino xa que a lanzou ao aire Néstor, autor de 27 puntos e o principal factor desnivelante neste encontro.
Ambos conxuntos están chamados a ser punteiros a próxima tempada, pero para iso deben pasar o proceso de formación deste curso, no que competirán coa maioría dos seus xogadores e xogadoras sendo de primeiro ano.
Tralo salto inicial os dous equipos puxéronse o mono de traballo. A defensa de Maristas na primeira parte estivo a un gran nivel e tan só encaixou 15 puntos, mentres que Néstor ía acaparando protagonismo en ataque. Ao descanso o marcador era de 25-15. Dez puntos de vantaxe para Maristas de cara á segunda parte na que Ribadeo nin moito menos baixaría os brazos.
Os de Sama empezaron a ver aro con máis facilidade e con varios triplos chegaron a darlle a volta ao marcador a falta de tan só un periodo por disputar.
Con todo por decidir Ribadeo chegou un pouco máis xusto de forzas ao tramo final, sen poder imprimirlle ao xogo o ritmo co que máis cómodos sea atopan, pero o principal factor desnivelante tivo un nome propio, e ese foi o de Néstor, que con varias canastras cando máis queimaba a pelota puxo a Maristas por diante e xa non deixou que o marcador volvese cambiar de mando.
Ao final, axustada vitoria nun derbi de poder a poder entre dous equipos que irán a máis ao longo da competición e que estarán no punto de mira do baloncesto galego nos próximos anos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu