Narón pega primeiro nun duelo de aspirantes

En 1ª División, Alevín

19-2 No primeiro parcial, a partir de ahí Estudiantes tivo que remar contracorrente Narón segue demostrando neste inicio de tempada que é un dos principais aspirantes ao título galego. Na xornada inaugural xa deron mostras do seu potencial en Novo Chanto ante Sarria, mentres que no segundo partido que disputaron, ao descansar na segunda xornada, tamén ofreceron unha gran versión ante Estudiantes.
O partido quedou condicionado polo primeiro tenteo, no que Narón, cunha espectacular posta en escena chea de acerto, tomou as rendas do marcador cun primeiro parcial de 19-2.
Estudiantes reaccionou no segundo parcial, 2-18, e a igualdade instalouse na pista no terceiro e cuarto parcial, con tenteos igualados de 11-9 e 4-6.
Con todo por decidir, nos dous últimos Narón volveu sorprender cun xogo vibrante como fixera ao comezo do encontro co seu mellor quinteto en pista. 23-8 para irse por encima dos vinte puntos de cara ao tramo final de partido no que se volveu a instaurar a igualdade, pero xa sen opcións de remontada por parte dun Estudiantes que promete batalla neste grupo Norte A que se presenta apaixoante.
Estudiantes ten agora un longo periodo sen competición, xa que a próxima fin de semana hai parón e o seguinte afrontará a xornada de descanso.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu