O MVP Julián guía a Maristas

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino, Principal

O colexial anotou 40 puntos asumindo a responsabilidade ante as baixas coas que o equipo de Rubén Engroba encaraba o encontro ante Basquet Coruña

Unha exhibición de Julián, con 40 puntos, permitiulle a Maristas contar unha nova vitoria, a cuarta, na Liga Galega.
O equipo de Rubén Engroba chegaba ao partido coas importantes baixas de Samuel e Jorge, polo que Julián estaba chamado a ter máis protagonismo en ataque e asumiu a responsabilidade con creces, resultando ser un pesadelo para Basquet Coruña, un equipo moi completo con xogadores de bo nivel e altura que non foi capaz de paralo.
Así, os colexiais anotarónse con claridade o primeiro parcial, 25-12. No segundo cuarto mantiveron o dominio aínda que comezou a preocupar a acumulación de faltas en Julián e Néstor, que foron ao banco. Basquet Coruña aproveitouno para facer un parcial de 1-12 co que recurtaron distancia. Con todo, Maristas foi ao descanso con 9 puntos de renda, 39-30.
Tras o intermedio, uns bos minutos en ataque de Mauro e, de novo, a capacidade anotadora de Julián, cada vez máis sitiado pola defensa visitante, volvían poñer terra polo medio. O parcial de 22-14 levaba a diferenza aos 17 puntos para encarar os últimos dez minutos do encontro.
Maristas administrou a renda con rotacións para dar descanso aos xogadores sen ver perigar o partido.

“Conseguimos sacar el partido adelante a pesar de las bajas” RUBÉN ENGROBA Maristas Lugo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu