A moeda caeu cruz para o Ensino no tempo extra

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal

AIGOR ROMO – Ensino

“Estoy orgulloso del esfuerzo y carácter de mis jugadoras a lo largo del encuentro”

ENSINO 71 – ROSALÍA 74

Ensino e Rosalía citáronse no Anexo nun partido no que estaba en xogo o liderado en solitario do grupo Norte da Liga Galega. Un encontro que non defraudou e que se tivo que resolver na prórroga por pequenos detalles que estiveron do lado compostelán nesta ocasión.
Ata entón, a falta de acerto das lucenses marcara a posta en escena, na que Rosalía tomou o mando do partido cun parcial inicial de 10-21.
Con media hora por diante como mínimo, o Ensino non perdeu a calma, axustou a defensa e empezou a subir as porcentaxes de acerto no segundo cuarto, 18-14, para chegar ao descanso con 28-35 no marcador.
A dinámica ascendente mantívose ao comezo da segunda, cun terceiro cuarto moi bo co que lle deron a volta ao marcador, 21-13 para chegar aos últimos dez minutos por diante, 49-48.
Con todo por decidir, os dous equipos mostraron as súas armas e igualdade tanto en defensa como en ataque, polo que o 14-15 do último cuarto levou o encontro á prórroga.
No tempo extra o Ensino xogou un bo baloncesto. En defensa estiveron intensas e en ataque, cunha boa circulación de balón, atoparon tiros liberados, pero a fortuna non estivo da súa parte e a pelota non quixo entrar.
Ao final, vitoria compostelá, pero o Ensino sae tamén reforzado deste encontro no que mantivo o basketaverage ao seu favor tras impoñerse en Santiago na primeira volta 53-61.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu