A moeda caeu cruz para Burela

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

Gran partido dos mariñaos, que foron mellores mentres lles durou a gasolina ante un Culle moito máis físico

O Academia A Mariña Burela quedouse ás portas de sumar unha nova vitoria na Liga Galega infantil masculina. Os de Manolo Cobas, como na pasada xornada no Anexo ante Estudiantes, disputaron un moi bo partido mentres as forzas lles acompañaron. No derbi frouxearon ao comezo da segunda parte, e ante Culleredo o inicio da segunda metade tamén foi decisivo ao encaixar un parcial de 19-31 que resultou determinante no marcador final.
Ata entón o partido fora vibrante, cun Culleredo exhibindo potencial físico ao manter unha presión alta ao longo dos corenta minutos nos que ademais os visitantes impuxeron os seus centímetros en ambas pinturas.
Ante iso o Academia A Mariña Burela tirou de orgullo e bo baloncesto durante moitos minutos. No primeiro cuarto os mariñaos impuxéronse 17-13 e no segundo 23-16 para chegar ao descanso con vantaxe no marcador, 40-29.
Tras romperse o ritmo no intermedio a Burela custoulle volver arrincar, e iso ante unha defensa presionante como a de Culle traduciuse nun parcial de 19-31 co que os visitantes déronlle a volta ao marcador para chegar aos últimos dez minutos con 59-60 no electrónico.
A fortaleza e os centímetros de Culleredo impuxéronse na pintura nos últimos dez minutos, nos que o Academia A Mariña Burela loitou ata o final por unha vitoria que se escapou por moi pouco, ao ceder no último parcial por un axustado 15-19.
Con este encontro os de Manolo Cobas despediron o 2018 e volverán á competición a fin de semana do 12 de xaneiro recibindo ao segundo clasificado, Instituto Rosalía, noutro encontro de altos voos para os de Manolo Cobas.

“Felicito a los jugadores por el esfuerzo y por el partido a pesar de la derrota que encajamos” MANOLO COBAS Academia A Mariña Burela

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu