A moeda caeu cara esta vez

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino, Principal

Estudiantes infantil masculino impúxose en Marín nun encontro con moitos altibaixos por parte de ambos equipos, pero no que os lucenses estiveron mellor nos momentos clave

MARÍN 71 – ESTUDIANTES 81

Estudiantes deu un paso de xigante para confirmar a súa presenza nos play off da Liga Galega infantil nos que estarán en xogo dúas prazas para o Campionato de España que se disputará en Lugo e Sarria o próximo mes de xuño.
A saída era complicada, xa que Marín loita por entrar en postos de clasificación para a Final A4 e porque Estudiantes xa perdeu a pasada tempada nesta pista.
Na primeira parte os lucenses estiveron a un moi bo nivel defensivo, concedendo poucas canastras, pero Marín mantiña o goteo de puntos desde a liña de persoal asinando 11 dos seus 32 puntos na primeira parte desde a liña de persoal.
O primeiro parcial terminou con 18-15, mentres que no segundo Estudantes deulle a volta ao marcador cun 14-32 para chegar ao descanso con máis 15, 32-47 nuns primeiros corenta minutos nos que Marín anotou 3 triplos e Estudiantes 4.
Aos lucenses custoulles volver coller o ritmo tralo intermedio, polo que Marín gozou dos seus mellores minutos sobre a pista no terceiro cuarto. Estudiantes non atopaba vías para anotar e Marín meteuse de cheo na loita polo partido cun terceiro parcial de 16-6 que deixaba o marcador en 48-53 de cara aos dez últimos minutos.
No desenlace final, cando peor pintaban as cousas, Estudiantes sacou a relucir a súa mellor versión para poñer fin á resistencia de Marín cun parcial de 0-7 no último minuto co que os de Ángel Riobóo alzáronse cunha importante vitoria que lles permite chegar ao parón da competición desde o podio da Liga Galega infantil masculina
Estudiantes volverá xogar o fin de semana do 27/28 de abril e de novo farao a domicilio, visitando Vigo para medirse con Novobásket, un equipo que teñen xa moi complicado terminar entre os cinco primeiros clasificados, corte que marcan os postos de play off.

 

“Debemos conseguir ser más sólidos durante los cuarenta minutos de partido” ÁNGEL RIOBÓO Estudiantes Leyma

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu