Media hora de recital celeste

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino, Principal

Tras un inicio de partido igualado, Estudiantes impúxose 86-42 no resto do encontro

 

ESTUDIANTES 112 – TUI 69

Estudiantes recuperou sensacións no Anexo tras varrer da pista a Tui na media hora final do encontro que lles mediu o pasado domingo pola tarde. O tramo inicial foi un intercambio continuo de canastras nuns primeiros dez minutos nos que Estudiantes sobreviviu aos cinco triplos que anotaron os visitantes. 26-27.
O lóxico era que o acerto de Tui diminuíse, pero a clave do despegue lucense foi o rebote. Estudiantes pechou o seu aro e non permitiu segundas opcións, á vez que correu con claridade de ideas para ir desnivelando o marcador ao seu favor cun segundo parcial de 23-6 no que se lle apagou a inspiración ofensiva a Tui.
Tralo descanso Estudiantes gustouse sobre a pista, dominou todas as facetas do xogo e deu un golpe sobre a mesa a un dos seus posibles rivais directos nos play off. Unha final four na que o organizador aínda está no aire por unha reclamación xa concedida de Rosalía no partido que lle mediu con Novobasket, polo que se repetirá este encontro da segunda xornada e os composteláns agora dependen de si mesmos. De gañar os dous encontros, serán segundos, cabezas de serie e organizadores.

 

“Partido muy serio en el que a partir del del segundo cuarto dimos un paso al frente, corrigiendo errores en ambos lados de la pista ” JAVI PEINÓ Estudiantes

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu