Máxima igualdade entre Ribadeo e Estudiantes 02 no máis alto da táboa

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino

RIBADEO 85 – ESTUDIANTES 03 46

CB BURELA 96 – MGR SARRIA 55

ORAL DESIGN 34 – CIDADE 73

ESTU 02 116 – AXSC 28

HIERROS 106 – CB CELTAS 31

 

CB Ría de Ribadeo e Estudiantes 02 mantéñense igualados a vitorias no alto da táboa tras a décimo terceira xornada, na que os dous cumpriron e gañaron os seus encontros.
Con máis dificultades os ribadenses, que desnivelaron o encontro na segunda parte, despois dunha primeira igualada na que Estudiantes 03 deu a batalla. Tras o descanso, os axustes defensivos dos locais cambiaron o partido de forma radical con 20 puntos en apenas cinco minutos que romperon o encontro.
No pavillón de Vista Alegre o Burela encadeou a cuarta vitoria, repetindo a boa xeira do inicio de temporada. Os de Manolo Cobas foron sempre por diante, sumando puntos con roubos de balón na presión e bos contraataques ante un MGR Sarria que pagou cuns parciais avultados os minutos de desconexión do primeiro e terceiro cuarto.
Cidade de Lugo tamén repetiu vitoria ante Oral Design, nun duelo na zona media da táboa. O partido decidiuse no primeiro cuarto grazas ao bo xogo en ataque despregado polos visitantes, que necesitaban reencontrarse coa vitoria despois dun complicado inicio da segunda volta, no que se mediron a Estudiantes, Ribadeo e Hierros, os tres primeiros clasificados. Ignacio impuxo a súa lei anotando 16 dos 24 puntos neste primeiro parcial. O segundo cuarto foi tamén para os capitalinos, que chegaron ao descanso con 27 puntos de vantaxe, 20-47. A tímida reacción de Oral Design, 5-8 no terceiro cuarto, non puxo en perigo a súa vitoria.
No Hierros Ferreiro-CB Celtas os locais impuxeron a súa diferenza física sen dar opcións aos visitantes, 60-12 ao descanso.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu