Maristas xa sabe o que lle agarda

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

Os de Rubén Engroba seguen líderes pese a caer derrotados en Marín

 

MARÍN 76 – MARISTAS 45

Maristas segue no máis alto da clasificación a falta de tres xornadas para o final do Galego preinfantil, unha competición na que os de Rubén Engroba chegan moi xustos de forzas e mermados físicamente, pero o maior obstáculo que deben superar é o de que xa pasaron, de ser unha revelación a un serio candidato, e os seus rivais coñécenos á perfección.En Marín o conxunto local xogou intenso e ao bordo do regujlamento, secando a Julián con faltas pero as porcentaxes desde o tiro libre foron moi pobres, 2 de 16 e con iso os locais fóronse no marcador cun 13-15 no primeiro cuarto.
A esixencia sobre Julián terminou co xogador lucense no banquiño lesionado. Ademais a descalificación dun xogador lucense deixaba en cadro a Maristas con media hora por diante.
O 21-14 do segundo cuarto poñía a misión de alcanzar a vitoria moi costa arriba, pero foi entón cando apareceu o xene ganador dos colexiais.
Con todo en contra todos os xogadores dispoñibles deron un paso á fronte e igualaron o terceiro parcial 13-13, chegando coa luz da reserva aos últimos dez minutos nos que non escatimaron en esforzos pese á derrota final.

 

“Aplicarse al borde del reglamento contra nuestro jugador más determinante les ha salido efectivo en esta ocasión” RUBÉN ENGROBA Maristas Lugo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu