Maristas xa é colider da Liga tras impoñerse nun gran derbi

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino, Principal

A lesión do estudiantil Brais no quecemento eclipsou un partidazo no Anexo no que Néstor desnivelou a balanza nos minutos finais para os de Rubén Engroba

Espectacular derbi capitalino o disputado entre Estudiantes e Maristas no Anexo. Un partido que empezou frío tras lesionarse o celeste Brais no quecemento, pero pouco a pouco foise intensificando coa igualdade, loita, deportividade e emoción que se viviu ao longo dos 40 minutos, e especialmente co desenlace final.
O ritmo de xogo e anotación foi moi alto desde o inicio, con Estudiantes por diante no marcador, 17-13, con Serguei dominando a pintura e Maristas sobrevivindo da man de Samu e Julián en ataque. No segundo parcial Serguei tivo minutos de descanso e os de Rubén Engroba aproveitárono para darlle a volta ao marcador. Con todo, Julián retirouse momentaneamente lesionado e Estudiantes volveu tomar o mando para chegar ao descanso con vantaxe, 42-35.
Maristas non se rendeu e Samu viu aro con facilidade, Ademais, Julián recuperouse e foron recortando distancias ata que nun final de poder a poder apareceu Néstor cun triplo e unha canastra de dous para poñer por diante a un Maristas que xa non soltou o mando no marcador ata o final do encontro.“Todos le deseamos una pronta recuperación a Brais” NICO Estudiantes Lugo

“Desde nuestro equipo deseamos que lo de Brais no sea nada y que pueda estar cuanto antes jugando partidos tan vibrantes como este” RUBÉN ENGROBA Maristas Lugo

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu