Maristas tirou de garra para dar a batalla ante Baloncesto Narón

En 1ª División, Alevín

ÓSCAR ENGROBA – Maristas

“Gran partido en el que todos anotaron ante un gran rival”

MARISTAS 68 – NARÓN 83

Maristas volvía á competición tras un parón de Nadal que aproveitaron para medirse aos mellores no torneo Teresa Herrera, e que lles serviu para mellorar no xogo colectivo. A evolución reflectiuse claramente nesta primeira cita do ano ante Baloncesto Narón, o líder do grupo ao que recibían con Julián a medio gas, con molestias físicas que, finalmente, lle impedirían acabar o partido na pista.
Nin a dimensión do reto ante o líder, nin a adversidade do seu xogador máis decisivo, deixaron a Maristas sen argumentos para xogar no Anexo. Lonxe diso, todos os xogadores amosaron a súa mellor versión xogando de ti a ti ante o líder nos primeiros periodos do encontro. Especialmente no terceiro, cunha boa defensa e rápidas transicións que lles permitiron anotar 17 puntos e ir ao descanso con vantaxe, 38-35.
Na volta á pista tras o paso polos vestiarios, xa sen Julián, e con Samuel expulsado por acumulacion de faltas, Maristas perdeu o seu sitio na cancha, e pagouno cun parcial de 8-22 que rompeu o partido a favor dos ferroláns. Nunha última mostra de carácter, no quinto e sexto período, o equipo de Óscar Engroba volveu igualar o xogo, con parciais de 12-12 e 8-14. Os colexiais pecharán a primeira fase co derbi ante Estudiantes.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu