Maristas segue a ritmo de KO

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino, Principal

xa son 8 vitorias por peche de marcador en 9 partidos disputados. Nas dúas próximas xornadas os de Óscar Engroba cítanse con Basket Ferrol, tamén con pleno de triunfos

Maritas Lugo segue sen conceder opcións. Os de Óscar Engroba, aos que lles deron por gañado o encontro de ida ante Rosalía coma ao resto dos equipos que se cruzaban cos composteláns a pasada xornada, suman nove encontros disputados esta tempada nos que en oito ocasións gañaron por peche do marcador tras superar os 50 puntos de diferenza ao longo do encontro.
A última, en Santiago, nun partido no que por momentos Rosalía mantivo o pulso, sobre todo na primeira parte.
De inicio os lucenses dominaron con claridade, cun parcial favorable co que colleron as primerias vantaxes no marcador, pero co paso do partido e coas rotacións, Maristas baixou a esixencia e con iso foi máis terrenal.
Tralo 11-25 dos primeiros dez minutos, o segundo cuarto foi dos máis igualados no que vai de tempada, 12-17.
Óscar Engroba aproveitou a tregua do descanso para volver enchufar aos seus xogadores ao encontro e a mensaxe foi recibida con claridade. Maristas foi Maristas na reanudación do encontro e plasmouno no marcador cun terceiro parcial de 7-32 co que sentenciaron pola vía rápida a un Rosalía que, pese a intentalo, non puido evitar o KO no último parcial do duelo.
Néstor, con 27 puntos, foi o faro sobre o que xirou o recital lucense na segunda metade, que marca o nivel que pode dar Maristas especialmente de cara ás dúas próximas xornadas nas que os de Óscar Engroba mediránse a Basket Ferrol, o principal rival polo primeiro posto deste Grupo Norte da primeira fase da Liga Galega infantil masculina.
Ambos conxuntos chegan á dobre cita con dez vitorias e sen ningunha derrota no que vai de tempada. Os números avalan aos lucenses, sobre todo en puntos encaixados xa que Maristas recibiu 292 en contra, mentres que o cadro ferrolán encaixou 526.
Malía iso, Maristas está ante os dous primeiros tests esixentes da tempada antes de medirse na segunda fase co resto de aspirantes ao título galego.
O primeiro cara a cara entre os dous dominadores deste Grupo Norte da Liga Gala infantil masculina será en Ferrol na próxima xornada, mentres que o encontro de volta será no Anexo, dentro de quince días.

+25
terceiro parcial tras unha irrregular primera parte, ao inicio da segunda Maristas sentenciou o encontro cun parcial de 7-32 no terceiro cuarto

10
vitorias de Basket Ferrol e Maristas, os dous grandes dominadores deste Grupo Norte da Liga Galega infantil masculina que se medirán nas dúas próximas xornadas

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu