Maristas rendeuse ante un rival superior

En 1ª División, Alevín

ÓSCAR ENGROBA – Maristas

“Para competir contra Baloncesto Narón debemos mejorar nuestra defensa 1 x 1”

NARÓN 104 – MARISTAS 53

Maristas tivo esta fin de semana unha complicada cita contra Baloncesto Narón, cunha xeración de xogadores que lograron o campionato galego na categoría benxamín.
A intensidade defensiva dos lucenses non estivo, no primeiro sexto, á altura que esixía o rival, ao que lle concederon moitas canastras fáciles, 21-6. Os de Óscar Engroba estiveron mellor colocados en defensa no segundo período, no que conseguiron igualar o parcial, 14-14. Sen embargo, un mal terceiro cuarto no que os xogadores de Narón se ían con facilidade nas accións 1 x 1 e no que fallaron as axudas defensivas, fixo que os locais tomasen de novo vantaxe e acabaran rompendo o partido antes do descanso cun parcial de 23-10. Tras o descanso Maristas comezou con moi boas sensacións, correndo bos contraataques, pero a reacción converteuse nun espellismo a medida que Narón comezou a apertar en defensa. Os coruñeses seguiron aumentando a súa vantaxe ata o final do encontro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu