Maristas remata campión de grupo con tan só unha derrota na segunda fase

En 1ª División, Alevín

ÓSCAR ENGROBA – Maristas

“Primeros en la segunda fase con una sola derrota. Equipo de menos a más. Enhorabuena a todos”

JESUITINAS 55 – MARISTAS 93

Pese a saltar á pista do último clasificado con demasiada confianza, Maristas impuxo a súa superioridade co paso dos minutos, ata asinar unha clara e contundente vitoria coa que os de Óscar Engroba puxeron o punto e final á tempada como primeiros de grupo na segunda fase, na que tan só perderon un encontro.
O partido comezou con intercambio de canastras, o que levou o marcador ata o 18-14 co que finalizou o primeiro parcial. Xa no segundo a defensa local raiou a un gran nivel e o tenteo foi moito máis baixo, 6-7. Pero como vén sendo habitual Maristas despegou no marcador no terceiro parcial, no que endosaron un claro 0-20 para chegar ao descanso con 25-48 no marcador.
Lonxe de deixarse levar, no cuarto periodo Maristas volveu mostrarse intratable, 1-27, co que o partido quedou completamente sentenciado. Unha vez superados os corenta puntos de vantaxe, Maristas tomouse un merecido descanso no último encontro oficial que disputaron os de Óscar Engroba esta tempada.

One commentOn Maristas remata campión de grupo con tan só unha derrota na segunda fase

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu