Maristas gaña o duelo directo ante Basket Ferrol

En 1ª División, Alevín, Principal

ÓSCAR ENGROBA – Maristas

“Equipo el nuestro con mucho carácter, mayor esfuerzo no les puedo pedir”

BASKET FERROL 56 – MARISTAS 61

Maristas logrou a cuarta vitoria desta fase ante Sologás Basket Ferrol, nun duelo de equipos invictos que se coñecían ben da primeira fase da temporada, cun triunfo para cada equipo en partidos moi igualados, 89-86 na ida en Lugo e 69-63 na volta en Ferrol.
Ese mesmo equilibrio primou no encontro disputado este sábado, que comezou cun parcial moi favorable aos lucenses, 8-22. Esa renda de 14 puntos serviulles como colchón para amortiguar a reacción de Basket Ferrol no inicio da segunda parte e levar a a vitoria no arreón final. Os lucenses realizaron uns minutos demoledores para Ferrol, roubando balóns e con Julián de novo como estrela anotando en cada tiro á canastra.
Con Julián enchufado, os xogadores de Maristas sabían que unha das clave do encontro estaría en neutralizar a André, a figura do equipo ferrolán, ao que sufriran no encontro da primiera fase, con 41 puntos. A defensa de dous para un formulada polos lucenses mermou a capacidade anotadora do ferrolán, e o partido chegou ao descanso con 10 puntos de vantaxe para Maristas.
Nos primeiros minutos, tras o paso polos vestiarios, impuxéronse as defensas con dous parciais curtos, 8-7 e 2-9, pero suficientes para Basket Ferrol, que conseguia igualar o marcador. Maristas pasou por un apagón ofensivo, cometendo moitas imprecisións e equivocándose á hora de elixir pase, o que lle puido custar o partido.
No entanto, no último período, Maristas tirou de carácter e fixo un último esforzo para facerse coa vitoria. André volvía ser a maior ameaza para os lucenses, pero a súa intensidade en defensa propiciou dúas faltas en ataque do ferrolán que, finalmente, facilitaron a vitoria colexial cun último parcial de 12-15.
O resultado final deixa a Maristas na cabeza da clasificación con catro vitorias. A vindeira xornada recibirán a Jesuitinas A no Anexo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu