Maristas deu un paso colectivo á fronte con moita aportación anotadora

En 1ª División, Alevín

ÓSCAR ENGROBA – Maristas

“Partido que aprovechamos para mejorar y seguir probando cosas nuevas”

BBCA 45 – MARISTAS 85

Maristas gustouse en Ferrol, onde os de Óscar Engroba asinaron con autoridade a súa terceira vitoria do curso. Un triunfo que vai máis aló do resultado final xa que a mellor noticia foi sen dúbida o crecemento colectivo, especialmente na faceta anotadora, que evidenciou o equipo ao longo deste encontro.
Óscar Engroba incidiu desde o inicio en que o protagonismo ofensivo leváseno máis xogadores. De inicio os dous máximos anotadores do equipo, Julián e Samuel Viño, quedáronse no banquiño. Maristas, sen eles en pista, xogou un bo baloncesto e tomou o mando no marcador cun primeiro parcial de 6-12.
Xa no segundo, con Samuel e Julián en pista, Maristas despegou no electrónico cun segundo parcial de 6-22. Unha diferenza que propiciou unha certa relaxación, polo que os locais aguantaron o tipo no terceiro parcial, 10-11.
Tralo descanso, especialmente Gabriel, secundado por Alexis e David, deron un paso á fronte en ataque anotando con fluidez para que Maristas despegase definitivamente no marcador.
Co paso dos minutos a diferenza foise ampliando ata os corenta puntos co definitivo 45-85.
Maristas despedirá o ano a domicilio trala xornada de parón da próxima fin de semana desplazándose a Ferrol antes de Nadal.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu