Maristas deixou o encontro resolto antes do descanso

En 1ª División, Alevín, Principal

ÓSCAR ENGROBA – Maristas

“Club de colegio compitiendo con mini y premini en Liga Gallega. ¡Exitazo!”

CULLEREDO 60 – MARISTAS 83

Oitava vitoria de Maristas, que segue a liderar o seu grupo, sen perder ningún encontro.
Os de Óscar Engroba impuxéronse con contundencia a Culleredo, o equipo máis físico do grupo. Os colexiais propuxeron unha defensa a toda pista para evitar que os coruñeses se fixeran co dominio do rebote, unha estratexia que deu os seus froitos, sobre todo na primera parte do encontro.
En ataque, os colexiais que empezaron sen acerto desde fóra, foron afinando o tiro para deixar o partido sentenciado ao descanso.
Con 20 puntos só no terceiro período, Julián rompeu o encontro xusto ante do intermedio ao que se chegou con 29-52 no marcador.
Na segunda metade viuse un partido maís bronco, con moitas interrupcións que cortaron o ritmo dos colexiais e que propiciaron parciais moito máis curtos. Unha dinámica que favorecía máis ao equipo local, que conseguiu anotarse os dous últimos parciais, 9-6 e 14-12, sen poñer en ningún momento en perigo a vitoria do equipo visitante.
Sologas Basket Ferrol, segundo clasificado, e Jesuitinas, colista, serán os últimos rivais da temporada para os de Óscar Engroba.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu