Maristas cóllelle o gusto á zonal noble

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

A un encontro do remate da primeira volta, os colexiais colideran a clasificación

Maristas segue en estado de graza. Os de Rubén Engroba volveron gañar na Liga Galega preinfantil, na que suman cinco vitorias e tan só unha derrota nas seis primeiras xornadas, a unha tan só de terminar a primeira volta na que os colexiais se manteñen no máis alto da clasificación empatados con Culleredo e Narón.
Ante Basket Ferrol o encontro estaba condicionado de inicio por un xogador, o ferrolán André, que co seu 1.85 de estatura e a súa condición de xogador de Selección Española acaparaba a atención. Con todo, el e o seu equipo foron engullidos por Maristas.
Os lucenses tomaron o mando no primeiro parcial, 9-14, e xa non o soltaron. No segundo parcial, cando André foi ao banco a descansar, Maristas puxo rumbo fixo cara á vitoria da man de Julián, que demostrou ser o mellor xogador sobre a pista ata coincidindo cun xogador internacional.
Ao descanso o marcador era de 18-30, pero o mellor aínda estaba por chegar na segunda parte. Maristas varreu da pista a Basket Ferrol, algo que nin os tempos mortos solicitados polo adestrador local puido frear.
12-20 no terceiro parcial e 7-25 no segundo para un total de 19-45 na segunda parte demostra o estado de graza e de forma polo que atravesa Maristas, que lonxe de ser un soño o clasificarse entre os catro primeiros empeza a ser unha realidade de cara á segunda volta.

“Seguimos progresando colectivamente y compitiendo al máximo” RUBÉN ENGROBA Maristas

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu