Maristas caeu contra o líder en Ferrol

En 1ª División, Alevín

Os de Óscar Engroba sucumbiron ante un equipo rival con moita superioridade física

Maristas non deu coa tecla para facer fronte a un equipo moi superor en físico, como case todos os que atoparán en fronte nesta competición. As perdas de balón incidiron na diferenza entre os dous equipos na primeira metade, na que os lucenses só conseguiron anotar un punto para chegar ao descanso cun marcador de 37-1. Na segunda parte os colexiais melloraron en defensa e fallaron menos na saída co balón, pero non conseguiron poñer freo ao avance de Basket Ferrol, que seguiu ampliando as diferenzas ata que, no quinto período, con cincuenta puntos de diferenza, se pechou a acta do encontro.
Sen a presión do electrónico, Maristas mellorou tamén en ataque anotando máis puntos que os logrados ata daquela e marcando o camiño para competir nunha liga que se prevé dura para os de Óscar Engroba, dos maís novos da categoría.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu