Maristas, ao parón no máis alto

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino, Principal

Os de Rubén Engroba son o mellor equipo galego preinfantil

 

TUI 67 – MARISTAS 82

O debutante pasou a ser revelación e de aí a unha realidade para loitar polo título galego preinfantil masculino. A meteórica proxección de Maristas esta tempada aínda non tocou teito e os de Rubén Engroba instaláronse no primeiro posto, onde pasarán todo o parón da competición.Maristas viaxaba a Tui para medirse cun equipo en mala dinámica de resultados pero cun potencial impresionante individual e colectivo. Tui,aprendeu a lección e demostrou que en Galicia xa se coñece e témese a Maristas, que puxo unha defensa individual sobre Julián que o xogador lucense tirou por terra desde o primeiro cuarto, no que anotou 14 puntos e terminou con 40 o partido.
De inicio os ataques impuxéronse ás defensas, 23-25, e no segundo Maristas tivo máis problemas para subir o balón pero anotou con fluidez desde o tiro libre ao cargarse de faltas Tui e chegar con vantaxe ao descanso, 41- 44.
Ao comezo da segunda parte Maristas deu un paso á fronte en defensa, pechou o rebote, correu e foise ata os 13 puntos de vantaxe de cara aos dez últimos minutos nos que os lucenses deron un cursillo táctico para controlar o encontro e chegar con certa folgura aos minutos finais.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu