Maristas afogou na beira

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

Os de Rubén Engroba quedaron sen opcións ao título Galego na penúltima xornada

 

MARISTAS 62  – NOVOBASKET 64

Chegou o momento de sacarse o sombreiro ante Maristas preinfantil, un equipo de colexio que debutaba na Liga Galega preinfantil e que competiu polo título Galego ata a penúltima xornada de Liga.O equipo revelación a principios de tempada empezou a converterse nunha realidade e co paso das xornadas comezou a estar en boca de todo o baloncesto Galego, ameazando con alzarse co título Autonómico. Maristas chegou coa luz da reserva acendida ao tramo final de tempada, moi xustos física e mentalmente tras competir de poder a poder ante os mellores equipos e clubs de toda Galicia.
O desenlace final non empaña para nada unha tempada na que pese a non depender de si mesmos para lograr o ascenso á Liga Galega infantil, preséntanse na última cita con opcións.
O 20-9 do primeiro cuarto no que Novobasket non sacou a pista ao seu mellor quinteto foi un espellismo, xa que os visitantes, conscientes da ausencia de Samuel por lesión, fixaron a súa atención en Julián, que pese a irse aos 28 puntos non puido ser determinante nesta ocasión.
No desenlace final Maristas tivo opcións pero o dominio no rebote do rival decantou por dous puntos o encontro no Anexo.

 

“Fallamos en el partido clave, el rival ha sido mejor” RUBÉN ENGROBA Maristas Lugo

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu