Máis luces que sombras

En 1ª División, Alevín

MARISTAS tivo grandes minutos durante o encontro ante o subcampión galego

Maristas superou con nota a visita á cancha do Narón, subcampión galego a temporada pasada, con bos minutos sobre a cancha liderados por Néstor, que chegou aos 40 puntos.
Nos dous primeiros periodos, cos quintetos titulares na pista, os lucenses xogaron de ti a ti aos locais con parciais de 12-12, no primeiro sexto, e 15-11 no segundo.
No terceiro período os lucenses cometeron varios erros que lles custaron varias canastras fáciles e as primeiras vantaxes significativas para Narón, 19-2, antes de chegar ao descanso. Tras o paso polos vestiarios os de Óscar Engroba volveron ter bos minutos, pero co avance do partido non puideron evitar que os locais se fosen no marcador ata o último periodo cando, de novo, volveu o equilibrio.

“Seguimos progresando con grandes fases de partido”   ÓSCAR ENGROBA  Maristas

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu