Madrugón celeste con final feliz en Vilagarcía

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“Buena reacción tras un mal inicio. A seguir creciendo”

CORTEGADA 53 – ESTUDIANTES 94

Estudiantes tivo un complicado desprazamento a Villagarcía que liquidou con sobresaliente. As lucenses xogaron ás dez da mañá polo que tiveron que madrugar e afrontar a viaxe para disputar o encontro a unha hora pouco habitual.
Todo isto, como era de esperar, notouse nos primeiros minutos nos que as locais estiveron máis intensas. Pero co paso do partido Estudiantes foi crecendo dende a defensa ata mandar con autoridade e ir ampliando a diferenza co paso dos minutos ata o claro e contundente 53-94 final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu