Loita desigual do Ribadeo en Ferrol

En 1ª División, Alevín

O líder invicto da competición desnivelou moi cedo o marcador

O Ría de Ribadeo afrontou a saída máis complicada da tempada, a que citaba aos de Sama en Ferrol co líder invicto da competición e un dos principais aspirantes ao título de Liga. Un Basket Ferrol con xogadores moi físicos e de segundo ano que si teñen o seu día son moi difícil de parar.
Ademais, os mariñaos entraron un pouco fríos ao encontro, e iso unido ao potencial ferrolán desencadeou en dous primeiros parciais moi desiguais nos que Basket Ferrol asinou un 29-2 e 24-2 para pechar o marcador antes do descanso.
Unha vez pechado o electrónico Ribadeo soltouse máis e ata competiu durante moitas fases, demostrando unha gran deportividade en todos os seus xogadores, igual que nos locais, quedando á marxe a actitude arbitral, que asubiou o encontro andando pola pista e cunha gran desgana.

“A pesar de la diferencia que indica el marcador el equipo dio la cara y no bajó los brazos en ningún momento” SAMA  Ría de Ribadeo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu