A loita baixo os aros foi desigual no encontro entre Ribadeo e Novobasket

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

SAMA – Ribadeo

“A pesar de nuestra inferioridad física tenemos que trabajar el doble para disputar cada partido”

RIBADEO 58 – NOVOBASKET 80

O Ría de Ribadeo volveu ter o factor máis determinante en contra. O físico, un hándicap que decide partidos nunha categoría infantil. Novobasket tirou de centímetros para saír airoso de Ribadeo ao dispoñer de ata cuartas opcións de tiro tras dominar o rebote ofensivo, mentres que os mariñaos, ou anotaban ou tiñan que defender en cada acción.
Na primeira parte os tiros entraron con fluidez, de aí a que os de Sama se mantivesen na loita polo partido, 20-25 no primeiro cuarto e 15-20 no segundo para chegar ao descanso con 35-45 no marcador.
Ao comezo da segunda parte chegaron os peores momentos para os mariñaos ante o enderezamiento do xogo por parte de Novobasket, que con máis rotacións púidose permitir meterlle unha marcha máis ao partido, mentres que Ribadeo empezaba a acusar o gran esforzo realizado na primeira parte.
Un parcial de 7-17 deixaba a diferenza en 20 puntos de cara aos últimos dez minutos, nos que Ribadeo, lonxe de deixarse levar, volveu mirar aos ollos ao seu rival e competiu á marxe do marcador, polo que se viu un novo cuarto de poder a poder que finalizou con 16-18.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu